É momento de aforrar
Estudamos o teu consumo Compárate cos teus veciños
Descobre os pasos para aforrar con nós
Optimiza a túa potencia e aforra
En canto saibamos os teus hábitos, axudámosche a optimizar a potencia para que só uses a que necesitas.
Estudamos o teu consumo
Os primeiros meses analizamos o teu consumo e potencia, e personalizamos as túas recomendacións de aforro.
Compárate cos teus veciños
Amosámosche o consumo das vivendas similares á tua para que poidas mellorar a eficiencia enerxética do teu fogar.
A nosa enerxía axúdache a aforrar
As compañías tradicionais posúen grandes estruturas e custos, o que lles fai ser menos eficientes no aforro. Nós estamos afeitos á eficiencia, característica que se traslada á hora de ofrecer recomendacións de aforro no consumo e na túa factura.
Por esa razón, axustamos as nosas tarifas e produtos ás necesidades actuais do mercado, sen esquecernos da sustentabilidade e o coidado do ambiente. Queremos contribuír cun mellor futuro para todos.

Una App para xestionar a túa energía
Sabemos que é importante controlar o teu aforro. Por esa razón, creamos unha app para ti, para que accedas desde calquera lugar á túa área privada e comprobes o teu consumo, consultes as túas facturas e descontos, axustes a túa potencia ou realices calquera outra xestión.

Tes dúbidas? Chámanos e axudámosche a decidir
Preguntas frecuentes
Qué é Euskaltel LUZ e GAS?
Euskaltel LUZ e GAS é o servizo de Euskaltel que ofrece luz 100 % verde e gas para fogares no territorio. Todas as nosas tarifas son sen permanencia. Ademais, levamos a cabo proxectos de reforestación, co fin de compensar a folla de carbono xerada polo consumo de gas dos nosos clientes.
Teño que ser de Euskaltel para contratar Euskaltel LUZ e GAS?
Non. Calquera usuario pode dar de alta a luz ou o gas con Euskaltel LUZ e GAS, pero sendo cliente Euskaltel terás acceso a numerosas vantaxes e descontos.
Podo quedar sen luz nalgún momento durante o cambio?
Non. Ao non ser necesario modificar a instalación nin tocar nada na vivenda non deberías ter cortes. O cambio realízase de forma automática na distribuidora. Se realizas un cambio de potencia, si que é posible que che corten a luz uns 5 minutos para realizar o axuste (pero isto ocorre por cambiar de potencia, non de compañía).
Canto tarda o cambio de compañía?
Normalmente complétase en poucos días desde a sinatura do teu contrato connosco (depende directamente da túa distribuidora). Só en contadas ocasións, podería tardar ata un par de semanas.
