Preguntas frecuentes

Qué é Euskaltel LUZ e GAS?

Euskaltel LUZ e GAS é o servizo de Euskaltel que ofrece luz 100 % verde e gas para fogares no territorio. Todas as nosas tarifas son sen permanencia. Ademais, levamos a cabo proxectos de reforestación, co fin de compensar a folla de carbono xerada polo consumo de gas dos nosos clientes.

Teño que ser de Euskaltel para contratar Euskaltel LUZ e GAS?

Non. Calquera usuario pode dar de alta a luz ou o gas con Euskaltel LUZ e GAS, pero sendo cliente Euskaltel terás acceso a numerosas vantaxes e descontos.

Podo quedar sen luz nalgún momento durante o cambio?

Non. Ao non ser necesario modificar a instalación nin tocar nada na vivenda non deberías ter cortes. O cambio realízase de forma automática na distribuidora. Se realizas un cambio de potencia, si que é posible que che corten a luz uns 5 minutos para realizar o axuste (pero isto ocorre por cambiar de potencia, non de compañía).

Canto tarda o cambio de compañía?

Normalmente complétase en poucos días desde a sinatura do teu contrato connosco (depende directamente da túa distribuidora). Só en contadas ocasións, podería tardar ata un par de semanas.

Como podo contratar?

Escolle unha factura actual, anota o CUPS e contrata online en só 2 min. Tamén podes chamarnos gratuitamente ao 900825336 ou acudir á túa tenda Euskaltel máis próxima.

6€/mes de dto. na túa factura de teléfono

Ao contratar a luz con Euskaltel LUZ e GAS aplicámosche un desconto de 6€/mes (IVE incl.) na liña Euskaltel que elixas.

Compensación da túa pegada de carbono

Se contratas a nosa tarifa de gas, compensamos a pegada de carbono derivada do teu consumo reforestando os bosques do noso territorio, facéndoos aínda máis verdes.

Categorías de axuda

Euskaltel - Preguntas frecuentes