LUZ 100 % verde de aquí

  • Enerxía renovable
  • Con impacto local

100 % Verde

En Euskaltel LUZ e GAS ofrecémosche sempre luz 100 % renovable, producida no territorio, económica e sen permanencia. Comprometémonos a adquirir certificados de Garantías De Orixe renovables de instalacións situadas na nosa zona.

Como sabemos que o consumo enerxético sempre deixa pegada de carbono, emprendemos un proxecto ecolóxico para repoboar bosques do noso territorio. Desta maneira, cada vez que consumas gas, estarás contribuíndo a coidar a nosa contorna.

Euskaltel - 100 % Verde

100 % Económica

Preocupámonos polo ambiente e polo teu aforro.

Ofrecémosche un prezo da enerxía axustado ao mercado. Isto é posible grazas a que temos unha estrutura moi eficiente, facilitando así poder ofrecerche un prezo competitivo e que se axuste ás túas necesidades.

Ademais, coidamos de ti desde o minuto 1, ofrecéndoche consellos de eficiencia enerxética e aforro.

Para os clientes de Euskaltel dispomos de descontos directos na factura de teléfono. Pagas só pola enerxía que consomes e aforras cada mes na túa factura de telefonía grazas aos descontos por contratar luz e gas con nós. Se contratas luz e gas, terás 9€ de desconto ao mes (IVE incl.) na túa factura de teléfono. Suma descontos e aforra cada mes.

Euskaltel - 100 % Económica

Tes dúbidas? Chámanos e axudámosche a decidir

Preguntas frecuentes

Qué é Euskaltel LUZ e GAS?

Euskaltel LUZ e GAS é o servizo de Euskaltel que ofrece luz 100 % verde e gas para fogares no territorio. Todas as nosas tarifas son sen permanencia. Ademais, levamos a cabo proxectos de reforestación, co fin de compensar a folla de carbono xerada polo consumo de gas dos nosos clientes.

Teño que ser de Euskaltel para contratar Euskaltel LUZ e GAS?

Non. Calquera usuario pode dar de alta a luz ou o gas con Euskaltel LUZ e GAS, pero sendo cliente Euskaltel terás acceso a numerosas vantaxes e descontos.

Podo quedar sen luz nalgún momento durante o cambio?

Non. Ao non ser necesario modificar a instalación nin tocar nada na vivenda non deberías ter cortes. O cambio realízase de forma automática na distribuidora. Se realizas un cambio de potencia, si que é posible que che corten a luz uns 5 minutos para realizar o axuste (pero isto ocorre por cambiar de potencia, non de compañía).

Canto tarda o cambio de compañía?

Normalmente complétase en poucos días desde a sinatura do teu contrato connosco (depende directamente da túa distribuidora). Só en contadas ocasións, podería tardar ata un par de semanas.

Euskaltel - Preguntas frecuentes