Como me paso a Euskaltel LUZ y GAS? Ten algún custo?

O cambio de comercializadora é gratuíto. Se hai algunha permanencia con penalización na túa compañía actual, é unha característica independente do proceso (ás veces engádenas en tarifas con prezos fixos, por exemplo).

Se cres que a túa compañía actual pode ter algunha condición deste tipo, revísao ben antes de facer o cambio. O proceso despois é moi sinxelo. Só tes que darnos os teus datos e o CUPS (Código Unitario de Punto de Subministración), que aparece na factura. Podes facer o cambio na nosa web en menos de 2 minutos, por teléfono ao 900825336 ou achegándote á túa tenda Euskaltel de confianza.

A nosa Tarifa Estable de LUZ ten un mesmo prezo polo kWh que se mantén estable durante todo o día, independentemente da hora e do día en que se produza o consumo. Ademais, mantémosche o prezo durante seis meses, actualizándoo unha vez pasado este período. Esta tarifa ten a vantaxe adicional de que non ten permanencia e, en caso de querer cambiar, non hai que facer fronte a ningunha sanción.

Por outra banda, Euskaltel LUZ y GAS tamén ofrece unha Tarifa Estable de LUZ para negocios e empresas.

Podes complementar estas tarifas cunha de gas a prezo estable durante todo o día. Esta tarifa, como as demais, non dispón de permanencia e o seu prezo mantense sen cambios durante seis meses.

Se es cliente de Euskaltel e contratas luz e gas con Euskaltel LUZ y GAS terás 9€ de desconto ao mes (IVE incl.) na túa factura de telefonía. Cada contrato de luz e de gas que fagas axudarate a aforrar mes a mes na túa factura de teléfono. Contrata en liña en 2 minutos ou chama ao 900825336 e nós encargámonos de todo sen papeleo innecesario.