Poden subir os prezos?

A electricidade ten un prezo oficial xeral que varía cada hora, en función da oferta e da demanda do mercado nese momento. Cando hai moito consumo (por parte da poboación en xeral), o mercado ten que recorrer a fontes de enerxía máis caras para cubrilo e así non deixar sen subministro á poboación. Cando hai grandes acontecementos meteorolóxicos inesperados (unha onda de calor ou unha gran nevada, por exemplo), ocorre o mesmo.

Por que poden cambiar os nosos prezos cada 6 meses? Pois porque, aínda que garantimos un mesmo prezo as 24 horas durante 6 meses, en cada período de 6 meses facemos unha revisión dos prezos e axustámolos en función da actualidade do mercado, pero nada máis. Non te atoparás con subidas repentinas nos nosos prezos durante eses seis meses (agás os custos regulados polo Estado). Durante ese tempo, non importa o día nin a hora en que se produza o consumo: o custo da enerxía non experimentará variacións.

En calquera caso, se en seis meses decides que o prezo de renovación non se adapta ás túas posibilidades, podes darte de baixa en calquera momento, pois as nosas tarifas non teñen compromiso de permanencia.

En Euskaltel LUZ y GAS estamos comprometidos co teu aforro, así que sempre che facilitaremos a posibilidade de dispoñer de descontos na factura de diversas maneiras. Unha delas é ser cliente de Euskaltel, o que supón beneficiarte dun desconto mensual de 9€ (IVE incl.) na factura ao contratar luz e gas connosco. Ademais disto, se traes a un amigo, recibiredes ambos 20€ de desconto na factura (IVE incl.; 5€ na factura durante 4 meses cada un).

Só che levará 2 minutos contratar en liña e comezar a aforrar. Se o prefires, podes chamarnos ao 900825336 e asesorarémoste de maneira gratuíta e sen compromiso.