Que é o CUPS?

O CUPS (Código Unitario de Punto de Subministración) é o que usamos para identificar o teu punto de subministración. É como o DNI do teu contador de electricidade. É un código distinto para cada contador, así que con ese código asegurámonos de que o cambio se realiza da forma correcta e o máis rápido posible.

Non sabes onde está? Só tes que coller unha factura da túa compañía actual e buscar na sección de datos do contrato. Verás que é un código de entre 20 e 22 caracteres, con letras e números.

Aínda así, en ocasións é difícil ler ou interpretar correctamente unha factura da luz. Por iso, en Euskaltel LUZ y GAS damos todas as facilidades e ofrecemos distintas vías para consultar o que necesites. Podes chamar gratuitamente ao 900840199 se xa es cliente para falar cos nosos operadores, ou escribir a info@euskaltelluzygas.com. Tamén podes acceder á APP de Euskaltel LUZ y GAS e axudarémoste no que precises. Dispoñemos, ademais, das nosas redes sociais, onde estaremos encantados de axudarte coa túa consulta, e no noso teléfono 900825336, onde poderás cambiarte a Euskaltel LUZ y GAS en só 2 minutos. Incluso podes pedir que che chamemos, solicitándoo directamente na nosa web, onde te asesoraremos gratuitamente e sen compromiso.