Que potencia necesita o meu negocio?

Tes á túa disposición unha Tarifa Estable de LUZ ao mesmo prezo as 24 horas, que chega ata os 15 kW de potencia. Con esta tarifa, non terás que preocuparte polos tramos horarios e pagarás un prezo único todo o día.

Se es autónomo e traballas desde casa ou tes unha oficina pequena, o normal é que teñas suficiente cunha potencia de ata 10 kW. Para que te fagas unha idea, un ordenador necesita unha potencia de entre 200 e 250 W aproximadamente.

Se tes unha empresa ou un local pequeno, pode que necesites achegarte máis aos 15 kW. Ten en conta o tipo de negocio que tes, de cara á contratación, para facer esa estimación da potencia necesaria (por exemplo, un restaurante cunha gran cociña pode ter unha demanda de potencia alta). Revisa e estima ben a potencia necesaria.

O cambio a Euskaltel LUZ y GAS realízase en poucos minutos e pódese facer a través da web, chamando por teléfono ao 900825336 ou acudindo de forma presencial á túa tenda Euskaltel de confianza.

En caso de dúbida sobre calquera cuestión, podes poñerte en contacto connosco a través do 900825336 se non es cliente.

Se es cliente, podes chamar gratuitamente ao 900840199, acceder á túa área de cliente ou á APP e facer todas as consultas que necesites. Nós axudarémoste a escoller a mellor tarifa que se axuste ás necesidades do teu negocio.