Cando se envía a factura?
Enviamos a factura entre o día 10 e o 15 de cada mes, sempre correspondente ao mes natural que acaba de pecharse. É dicir, entre o 10 e o 15 de cada mes recibirás a factura do mes anterior. Por exemplo, entre o 10 e o 15 de abril recibiríase a factura do 1 ao 31 de marzo.
Ás veces a distribuidora tarda moito en enviar as lecturas dos contadores; nese caso fáise unha estimación de consumo e envíase a factura en base a ela.
Despois, unha vez recibidos os consumos reais, axústase o custo real na seguinte factura. O cliente poderá revisar a súa facturación en todo momento desde a Área de Cliente ou desde a APP de Euskaltel LUZ y GAS.
En Euskaltel LUZ y GAS o contacto cos nosos clientes realízase a través de canais como a propia aplicación, as redes sociais, os teléfonos habilitados ou o correo electrónico. Pero, ademais, na web mostramos toda a información relativa a cada unha das tarifas que ofrecemos e as dúbidas máis habituais.
Nas facturas, os prezos sempre aparecen representados cunha cantidade base e coa súa versión final, á que se lle engaden os impostos correspondentes.