Cambiarse implica cortes de subministración?

Non, non te preocupes. Cambiarte a Euskaltel LUZ y GAS é fácil e rápido, non é necesario modificar a instalación nin tocar nada na vivenda. O cambio realízase de forma automática na distribuidora.

Se realizas un cambio de potencia, si é posible que che corten a luz uns 5 minutos para realizar o axuste (pero isto ocorre por cambiar de potencia, non por cambiar de compañía).

Por outra banda, o proceso de cambio a Euskaltel LUZ y GAS é moi sinxelo. Para levalo a cabo só tes que coller unha das túas facturas actuais de luz e dirixirte despois á páxina web para contratar en liña, ou chamar gratis ao 900825336. A partir de aí, tes que achegar unha serie de datos e, en canto remate o proceso, avisarémoste para indicarche que a tramitación do teu contrato con nós se efectuou correctamente.

No momento de cambiarte de compañía, recomendamos facelo mantendo a túa potencia actual. O motivo é que, ao non modificala, evítase o custo regulado, ese pequeno corte de subministración, e o paso á compañía acaba sendo totalmente gratuíto, de modo que non terás ese sobrecusto adicional nada máis comezar. Este custo de cambio de potencia o asigna a túa distribuidora, non Euskaltel LUZ y GAS.