Que facer en caso de apagón ou avaría?

Se sofres un apagón ou unha avaría no teu subministro eléctrico, o máis rápido é que contactes coa túa distribuidora. Na túa factura poderás atopar o número de teléfono da distribuidora correspondente á túa zona. A continuación, deixámosche os números das cinco distribuidoras máis grandes:

Endesa Distribución:

900 850 840 (Andalucía, Extremadura, Murcia, Castela-A Mancha)

900 848 900 (Aragón, Castela e León, Navarra, A Rioxa e C. Valenciana)

800 760 706 (Cataluña)

Iberdrola Distribución:

900 171 171

Unión Fenosa Distribución:

900 111 999

900 111 444

Hidrocantábrico Distribución:

900 907 001

Viesgo Distribución:

900 118 866

Que facer se a resposta da distribuidora non é satisfactoria?

Se a resposta da distribuidora non te convenceu ou necesitas máis información, podes poñerte en contacto connosco en Euskaltel LUZ y GAS e estaremos encantados de axudarte. Ademais, tes diferentes vías de contacto:

  • Se es cliente noso, podes descargar a nosa APP e entrar na túa área de cliente. Alí poderás controlar a túa conta e o teu consumo e terás acceso a outras moitas funcionalidades que che permitirán obter máis información para solucionar calquera incidencia que poidas ter. Tamén serás consciente de calquera cambio ou novidade que se poida producir nas nosas condicións, para que obtegas a maior eficiencia, tanto na satisfacción das túas necesidades como no gasto que realizas mensualmente.
  • Por outra parte, se prefires facer unha chamada telefónica, podes marcar o 900840199 e contestarémoste no menor tempo posible. Tamén tes a opción de chegar a nós a través do correo electrónico info@euskaltelluzygas.com
  • Se non es cliente, tamén podes contactar con Euskaltel LUZ y GAS chamando ao teléfono 900825336.